20 enero 2015

A nova vida de Xouba, despois de ano e medio no refuxio

"Ola Mónica,
Escríboche para contarte que sen dúbida Xouba estaba a esperar por nós, por iso non a adoptaron antes.
É unha gozada de cadela: tranquila, limpa, lista como un allo, superagarimosa, xoguetona, obediente, non morde nin ladra (polo de agora aínda non lle coñecemos a súa voz), deixase facer as curas sen rechistar (traía unhas feridiñas pequenas nas orellas) e tanto a veterinaria como a perruqueira están encantadas con ela polo seu bo comportamento.
Xa sabe pasear con correa sen tirar dela e pórtase xenial no parque de cans onde xoga con todos e dáse unhas boas carreiras. Lévase moi ben con Boldie, (Coruxa cando estaba na Protectora) que é a cadela da miña irmá.
Descubrimos o por qué do seu nome cando nos botou o alento. Xa estamos tentando arranxalo cunha boa limpeza da dentadura. E de paso, acurtamos o seu nome a Xou.
Aqui te envio unha foto na que está con Boldie (antes Coruxa).
En resumo, que estamos felices con ela e cremos que ela tamén o está con nós. Un verdadeiro pegote que estamos encantados de poder aloumiñar.
Unha aperta e moitas grazas pola gran labor que facedes
Conxita e Tito
P.E.: Por certo que Xou é tan lista que aprendeu a escribir e ten unha páxina en Facebook onde vai contando a súa vida e cousas de interese para os cans e os seus compañeiros humanos. Aqui che deixo o enderezo:                                     https://www.facebook.com/Xouba2014?ref=hl "